La Federación Gallega de Judo y D.A. anuncia unos cambios provisionales en la actividad de Artes Marciales, que aplicaremos en nuestro centro desde el próximo lunes 21 de septiembre. Reproducimos el documento emitido por la entidad para conocimiento de todos los practicantes:
Mediante a presente comunicación procedemos a
trasladar as medidas adoptadas PROVISIONALMENTE desde a
Federación Galega de Judo e D.A. en relación á autorización da
práctica con CONTACTO á que se fai referencia na publicación no DOG de hoxe día
18 de setembro de 2020, de aplicación a partir de mañá día 19,
no que se reitera a necesidade de regulación da actividades dos nosos deportes
a través dos protocolos federativos, tal e como se viña facendo até o de agora,
pero permitindo o contacto
có uso OBRIGATÓRIO de MÁSCARA.
En datas pasadas presentouse unha proposta
gradual para a volta aos adestramentos que ainda precisa ser visada pola
Secretaría Xeral para o Deporte pero, como indicamos, de xeito provisional,
procedemos a dar o visto bo a partir de mañá día 19 de setembro de 2020 ao
comezo da actividade deportiva para os deportistas da Federación Galega de Judo
e D.A. CON UNHA ÚNICA PARELLA, que se debe manter durante todo o
adestramento e todas as sesións até recibir novas indicacións, coa realización
de traballos exclusivamente EN PÉ e SEN OPOSICIÓN;
ademáis nos tempos de descanso debe manterse o 1,5m de distancia con ela e có
resto de participantes na sesión, permanentemente coa máscara posta; o resto de
indicacións e/ou recomendacións recollidas no protocolo seguen a estar vixentes
nas condicións actuáis (hixienización, ventilación, acceso, desaloxo,...).
A vindeira semana procederemos
a trasladar a todos os clubs a ampliación completa do protocolo federativo,
incluindo o resto de fases, en caso de que desde a Secretaría Xeral para o
Deporte aproben a aplicación completa da proposta, que indica avanzar cada
certo período de días até o retorno SEGURO á realidade dos nosos deportes.